Anxo Vidal:  “Galicia non ten un problema de talento”

A IV edición do programa de mentoring de IGATA permitiunos contar con diferentes perfís mentores que repiten acompañando aos emprendedores no desenvolvemento do seu proxecto, incluso por terceiro ano. É o caso de Anxo Vidal, Innovation Manager, ou o que é o mesmo, conector e tradutor empresarial entre o ámbito da innovación e a industria galega.

Leticia Río: Para quen non te coñeza, quen é Anxo Vidal e que lle move para ser parte do noso programa de mentoring?

Anxo Vidal: Tentar ser persoa ocúpame moitas horas ó día, case non me queda tempo para nada máis… E aínda así, non acostumo a conseguilo. Teño que recoñecer que me consume moita enerxía. Non é fácil “dicir o que un pensa e pensar o que un di”, sen que ninguén se sinta ofendido. Ademais, poñer en cuestión todo aquelo que se nos traslada e non dalo por bo de primeiras, consúmeme moita enerxía, pero considéroo esencial para poder dar a miña mellor versión en todo aquelo que emprendo.

Precisamente é isto o que me leva a querer ser parte do equipo de mentores de IGATA, pder compartir cos mentees tódolos meus fracasos, así como, aquelo que me axudou a tomar decisións máis acertadas. 

Pero, sen dúbida, creo firmemente neste modelo de “apadriñamento empresarial” para incubar, acelerar ou consolidar proxectos. Culturalmente é un modelo máis preto á nosa sociedade. Dende as institucións estánse impulsando modelos que teñen que culminar nun “pitch deck” convencendo ós inversores para que sexa exitoso. Ese modelo pode funcionar en California, Palo Alto e Sillicom Valley, pero é moi complicado que o faga en “Galifornia”, soamente por un tema social.

L.R: Que destacarías desta iniciativa? Cal é a túa aprendizaxe?

A.V: Penso que o máis destacado realmente non é o traballo que realizamos os mentores, senón todo o traballo que se realiza previamente por parte de IGATA. Destacaría principalmente a selección de empresas ou emprendedores que entran no programa, o análese dos seus perfís e das súas necesidades e, despois, como teñen a capacidade de que mentores e “mentees” encaixen.Isto é o máis complicado. Imaxinemos que tódalas citas a cegas que van a cear ó restaurante de “First Dates” saen emparelladas, pois sucede algo similar, de feito o equipo de Igata fariano mellor que Sobera … 😉

O traballo que se realiza é espectacular e a capacidade que tedes para que, ano tras ano, o programa mellore, introducindo novidades, é digno de destacar.

Aprendizaxe?… Uff, moitísimas, pero destacaría a posibilidade de poder estar en contacto coas empresas emerxentes do país. Estar ao lado de proxectos  que realmente van ter impacto na sociedade e que, en moitas ocasións, a sociedade actual aínda non está suficientemente madura para os seus servizos. Por iso, insisto que o mundo non comeza e remata na zona de confort, os proxectos poderían estar plenamente consolidados noutros lugares, así que, non hai que ter medo a mirar máis alá das nosas fronteiras, da zona territorial de confort.

Este ano con Óscar de Bregal, aprendín que xa existen empresas galegas que nacen con vocación internacional. Este paradigma castigouno moito, pero produce unha subida de dopamina poder comprobar que son complexos do pasado.

L.R: Que mais te levas do acompañamento a Óscar Fernández?

Unha sensación moi reconfortante a de poder vivir en primeira persoa un proxecto como este. Bregal é un concepto que vai máis alá do que pode representar unha asociación socio-cultural. A súa paixón pola innovación, a natureza ou as nosas costumes, non é para nada incompatible cunha Galicia integrada no cosmopolitismo europeo.

Ver a capacidade de mobilizar e atraer talento internacional a Galicia que tén Bregal, para que os xóvenes doutros países da UE a coñezan en primeira persoa, penso que merece unha reflexión por parte da administración. 

Poder coñecer a Óscar, e o seu ecosistema, foi unha experiencia increíble que me abreu as portas da innovación social, unha forma de achegarme a proxectos de impacto, que redundan no beneficio da sociedade. A sensación que levo é marabillosa, demostrándome que o apego pola nosa cultura ou territorio é totalmente compatible cunha Galicia que brille en Europa, e que sexa a xente moza a que lidere iniciativas como a de Bregal, multiplica por dous a miña sensación.

“Temos empresas punteiras nos grandes sectores da economía, sendo un referente en moitos deles e refírome de referentes a nivel mundial como é o caso de Inditex, ou da fábrica de Stellantis de Vigo, unha das de maior produtividade por metro cadrado do mundo.”

Anxo Vidal

L.R: Desde a túa perspectiva, cal é a situación do texido emprendedor galego? 

A.V: Levamos anos mimetizados polos típicos tópicos sobre as empresas galegas. Por exemplo que non sabemos vendernos ou que a indecisión forma parte da nosa idiosincrasia. Sen embargo, isto non concorda coa realidade que te atopas cando observas con atención arredor. 

Temos empresas punteiras nos grandes sectores da economía, sendo un referente en moitos deles e refírome de referentes a nivel mundial como é o caso de Inditex, ou da fábrica de Stellantis de Vigo, unha das de maior produtividade por metro cadrado do mundo. Pero é que as nosas PEMES son capaces de resistir ó entorno VUCA ó que se enfrentan, competindo en mercados totalmente globalizados, dende a pizarra de Valdeorras ó granito de Porriño, pasando polo marisco das nosas Rías ou o leite das nosas vacas.

Pero non só nos sectores tradicionais, senón tamén no sector biotecnolóxico, onde como di o Outlier, Chema Oliva, dentro duns anos estarase estudiando nas escolas de negocio máis importante do mundo como “business case” de éxito. Un modelo que escapou do minifundismo empresarial corto de miras, e onde as empresas con máis recorrido “apadriñan e amadriñan” ás que están comezando, coordinado de xeito magnífico dende BIOGA.

Algo similar pode acontecer tamén no sector tecnolóxico se somos capaces de xogar con acerto as nosas cartas. A Coruña coa sede da Axencia Estatal de Intelixencia Artificial ou a Cidade das TIC. O International Quantum Center que a empresa xaponesa montou en Santiago de Compostela, despois de que o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) se fíxese co ordenador cuántico máis potente de España. Soamente son algúns exemplos do que pode chegar a convertirse o sector tecnolóxico en Galicia. 

Todo isto, lévame a pensar nunha Galicia onde os sectores máis tradicionais convivan cos novos que están empurrando con moita forza, co obxetivo de mellorar a calidade de vida das persoas.

L.R: Talento vs impostores, como podemos xestionalo?

Primeiro e antes de nada, cambiando o sistema educativo. Neste momento teño claro que o modelo actual é tan anacrónico que o modelo das deputacións provinciais. O idioma da academia e o empresarial parécense o mesmo que o galego ó alemán (sempre con excepcións), as universidades están quedando obsoletas, preparan grandes investigadores, pero esquécense por completo do 99% restante de alumnos que se teñen que insertar no mercado laboral. Que provoca isto?

Pois que cando eses alumnos se incorporan o mercado laboral, van a remolque dende o primeiro día. Ninguén lles falou que existen unha serie de “skills” que son transversais a calquera posto de traballo. Ninguén lles dixo que son os obxectivos, cales son as principais metodoloxías de traballo ou mesmo facer un orzamento para o seu departamento… Todo iso provoca unha cura instantánea de humildade que acostuma derivando nun síndrome do impostor agudo e difícil de tratar. 

Despois tentan convencernos de que temos que reter o talento ou atraer talento de fóra, pregúntome que quere dicir iso… Acaso se está poñendo en tela de xuízo ós que deciden quedarse ou voltar incluso renunciando a un maior salario? 

Galicia non tén un problema de talento, tén un problema cun sistema educativo que se centra en “castigar” o erro e non fomenta nin a creatividade nin a innovación. Por iso, programas de “apradiñamento e amadriñamento” como o de IGATA son tan necesarios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: El titular del sitio.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.