Sofía Arangüena é quen está detrás de Noites Teimudas, un evento que pretende romper co tabú do fracaso dende a cercanía e poñer en valor a arte e a cultura feita en Galicia. Para este 2024 esta coruñesa busca lanzar a terceira edición deste proxecto persoal que coñecemos máis nesta conversa que mantén coa nosa compañeira Leticia Río.
Leticia Río: De onde xorden as Noites Teimudas e por que a idea de romper co tabú do fracaso?
Sofía Arangüena: As noites Teimudas xorden como case todo na vida de inspirarse ou basearse en algo xa existente e convertelo en algo propio e persoal. No meu caso foi a través de coñecer as Fuck up nights, unhas reunión iniciadas nos Estados Unidos, xa convertido nun movemento global, onde se comparten historias de fracaso nos negocios. Quedei fascinada coa idea da existencia dun acto público onde se falase do fracaso, algo que na miña opinión podería ser un revulsivo para unha sociedade tan superficial baseada na aparencia e no inmediato como é a nosa. E por outro banda, tamén pensei que sería unha idea interesante para levar o eido cultural e artístico xa que a meirande parte de nós pensa que os artistas e os intérpretes, aqueles que vemos tralos focos; aqueles subidos a escenarios e vistos en diferentes saraos mediáticos son persoas con éxito, son persoas felices. Que sempre o foron e que sempre o serán. Existe moita mitificación, e, por iso, pensei que sería positivo rachar con esa idea; achegar o público esta realidade e retar os artistas a falar de o seu lado máis íntimo sen medo e vergoña. Igualarnos.
L.R: O foco está entón no sector cultural e artístico, cal é a situación destes en Galicia ?
S.A: A cultura feita en Galicia esta a vivir un momento doce despois de moitos anos teimando nunca mellor dito, podemos velo en todas as disciplinas artísticas. O made in Galicia está non só na moda, se non que está a recibir recoñecemento pola súa calidade e vangarda. Debemos sentirnos orgullosos sen deixar de traballar e sempre mirando os que abriron camiño.
Pero, pese a este momento doce, para min é importante falar sen descanso do realizado desde a periferia, desde a nosa terra e que nós como público, como sociedade, valoremos xenuinamente o que temos próximo. Estase a dar un empoderamento da mentalidade galega, algo relativamente novo e que me fai moi feliz. Ese empoderamente sempre pasa pola cultura, pois todo desde a comida, os lugares que habitamos ou a música que escoitamos é cultura, e iso crea unha conexión e un benestar coa terra.
L.R: A idea é relanzar este proxecto na terceira das súas edicións, pode adiantarse sobre qué faceta versarán os relatos ?
S.A: En realidade será a segunda edición. O primeiro evento fíxeno como proba no 2018 recén chegada a Galicia na Unitaria en Santiago de Compostela, fíxeno sen cartos. Despois recibín unha axuda da Xunta; Iniciativa Xove e agora a intención e conseguir unha pre-financiación e logo patrocinios para poder realizar esta nova edición. Gustaríame poder facer una xira galega e facer unha velada en todas as cidades.
Como sempre os relatores serán de diferentes disciplinas artísticas, gústame e vexo positivo que sexa así; vai coa miña natureza non sectaria. Nomes como o de Ledicia Sola, Javier Peña ou Maria Meijide formarían parte desta segunda edición.
L.R: Para que as Noites Teimudas sexan unha realidade, está activo un crowdfunding. Por qué está metodoloxía de financiamento e como aportar o proxecto?
S.A: O meu desexo é conseguir una financiación previa a través desta metodoloxia (chegar polo menos o mínimo da campaña) e poder así ter certa capacidade de sedución para conseguir algún tipo de patrocinio privado. Decidín facer un crowfunding xa que vin que funcionou para diferentes iniciativas ao meu redor. E bueno, pois se fracaso con este método non pasa nada, este evento vai de fracaso. O que teño claro e que vou conseguir facelas, ¡eu sonche moi moi teimuda!
A forma de participar é a través de Goteo. Hai recompensas para todo tipo de petos e confío na xenerosidade e solidariedade da xente.
L.R: Coa tú a traxectoria no ámbito cultural e o teu coñecemento basado nesta iniciativa, cáles son as inquedanzas do talento galego neste eido
S.A: Agora mesmo traballo en produción cinematográfica. Estou moi contenta polo fitos históricos que se están a dar nos últimos tempos tanto con O corno como con Matria. No cine pódese ver o gran talento que existe en xeral no noso pois engloba distintas disciplinas dentro da arte; escritura, interpretación, artes plásticas, música… Pero, en realidade, o que rouba o meu corazón son as artes escénicas. É no escenario, é no rigoroso directo, onde penso que se produce o mais máxico e fermoso do mundo. Neste campo e nestes momentos o noso país tamén está dando grandes froitos. Continente Maria da Quinta do cuadrante, As que limpan de A Panadaria ou El Dios del Pop de Diego Anido son espectáculos que teño visto nos últimos tempos os cales dan conta diso e están a ter un percorrido tanto a nivel nacional como internacional.