Xabier Guillamett: “A hiperespecialización é a estandarización do traballo, perdéndose a creatividade e o concepto do traballo como satisfacción persoal”

Se alguén ten un espíritu inquedo ese é Xabier Guillamett. Aos seus 58 anos non deixa de sumerxirse en novos proxectos e segue a formarse como di el “para complementarse para novos retos”. Estudou Económicas por vocación pero faltáballe a rama humana e así foi polo que se decidiu a estudar o Graduado Social no nocturno. A esta formación súmalle outras a distancia como Historia, Historia da Arte (pendente do TFG) e actualmente Antropoloxía Social e Cultural, aínda que a rama que máis lle gusta é a  económica. Por se fora pouco, tamén ten un mestrado en Prevención de Riscos Laborais. Xabier é un claro exemplo de que nunca se deixa de aprender!

Por se quedas coa dúbida, o que “máis valora é o estudo a distancia polo esforzo persoal que é o que che permite continuar adiante, xa que as axudas acádemicas son poucas”.

Ademais, viviu e traballou en Arxentina, en Lisboa ou Madrid, e tambén é patrono e director na Fundación Fonte para axudar a emprendedores a pór en marcha o seu proxecto. Ten claro o seu obxectivo: invitar á xente a que reflexione sobre outro modo de ver a sociedade, a economía, a propia vida… De todo isto conversou con Leticia Río.

Leticia Río: Comentábasme que cuando eras mozo non tiñas esta  “mente aberta”, agora tes claro que complementar a economía con outras disciplinas faite mellor profesional, que destacarías?

Xabier Guillamett: Nestes tempos a interdisciplinaridade no traballo, en especial si se fai traballo en equipo, é o que prima. Hai que colaborar con outras disciplinas para obter millores resultados. Non tes que ser especialista en todo, pero si tratar de chegar a entender o que che están contando cando cho explican. Aclaro: cando era director xerente da constructora CRG, eu, de formación económica, acompañaba periodicamente á obra aos técnicos para controlar a obra… O que facía con eles é o que trataba de inculcarlles: os xefes de obra poden decir que dacordo ás normas técnicas un tabique de ladrillo cumple ou non, pero non lle poden decir a un albanel como se pon o cemento ou o ladrillo. Por iso, por exemplo, un día todos os técnicos máis eu, puxémonos a colocar pedra dun muro, para ver a mecánica e coñecer as sensacións ao facer ese traballo. Valorar o traballo do equipo é saber que o produto final depende de moitas disciplinas profesionais.

L.R: Mencionabas durante a nosa conversa que fuxes da hiperespecialización, que é ao que realmente tendemos os profesionais na actualidade

X.G: Certamente… A hiperespecialización é a cultura destes tempos. É o triunfo do sistema de traballo secuencial sobre o creativo. Pérdese a esencia da existencia humana.  É a estandarización do traballo, co cal, pérdese a creatividade e o concepto do traballo como satisfacción persoal. Se deshumaniza ao traballador; se rompe o espíritu de equipo ao centrarse cada un en obter un output individual, que. outro departamento, ensamblará despois;  e otórgaselle un pouco de espíritu de máquina. Iso non é bo para a sociedade, ainda que poida selo para algunhas empresas que busquen o beneficio por riba da famosa responsabilidade social empresarial. O capital humano é moi específico pois trata con persoas, non con máquinas.

L.R: Dicíasme que a xestión das persoas non é como o Excel, pós unha fórmula e tes o resultado. O teu enfoque é claro á hora de xestionar persoas “Canto máis ensines ao traballador que tes as túas ordes, menor é o traballo do líder. Se á xente lle das, dá moito máis do que lle pides”. Como inculcar esta maneira de ver a xestión das persoas na actualidade?

X.G: Hai xente que non quere ensinar para que non lle movan a silla os que veñen detrás. Para mín é ao contrario… Don-contradón… Ti das para que che dean. Pero ao final, o traballo do líder é a responsabilidade total, incluso a dos que estén por debaixo. Pero os que veñen descendendo na orde xerárquica, teñen a responsabilidade acorde ao posto que ocupan.

O xeito de xestionar persoas pasa por confiar nos que son os teus colaboradores e otorgarlles a responsabilidade axeitada ao seu posto, pero nunca máis da que corresponde ao posto que teñen. Para ilo, hai que tratar de ensinarlles, arropalos cando teñen dúbidas ou problemas, e sobre todo, demostrar que confías na súa profesionalidade.

L.R: Como xorde a Fundación Fonte e por que? Que ten que facer alguén que queira desfrutar dos vosos servizos?

X..G: Fundación Fonte surxe porque un grupo de empresarios xubilados quixeron darlle a sociedade a posibilidade de compartir a súa vasta experiencia, os seus triunfos, os seus fracasos, as súas vivencias, para poder formar a novos emprendedores. Para ilo, dotouse cunha partida de 100.000 euros para axudar a financiar proxectos novos e fíxose ademais un servizo de titorización de cada emprendedor individual. En definitiva, ensinar a través da experiencia vital de xente que xa viviu o que se quere transmitir á xente nova. Ensinar o que non ensinan os libros, sino coa práctica doutros.

Quen crea que podemos ser útiles, deben contactar con nós e plantexar o seu proxecto, facer un plan de negocio e presentárnolo. Posteriormente teremos unha reunión coa persoa para que nos plantexe a súa idea e debátese na fundación por parte dos patronos a idea. Eu aporto ademais a opinión sobre o plan de negocio, pois son quen o revisa. Se é aceptado o proxecto, entrariamos ao 50% do capital inicial.

L.R: O ano pasado, en plena pandemia,  lánzaste ao emprendimento con Carlou3, un obradoiro de reparación de autocaravanas, co que aseguras non ter sido tan feliz como agora que traballas para ti mesmo. Que destacarías da túa traxectoria para poñer en marcha este proxecto?

X.G: Emprender para mín é sinónimo de intentar aplicar unha idea, que tes plasmada nun papel, á realidade. Leva un traballo que che fai proxectar, prever, calcular, financiar e, ao final, crear. Para ilo, ben procuras sabelo facer, ben aprendes, ben pides axuda… Todo serve, pero en definitiva, é un acto de creación do cal vas ser responsable, para o bo e para o malo. O feito de buscar compañeiros-colaboradores que sintonicen coas túas ideas é moi importante e, sobre todo, que che goste o que fas. Buscar financiación, conseguir os permisos, provedores, etc. absorbe moitos esforzos, pero que enlazan co que mencionaba antes de creatividade versus especialización. As empresas ata que collen o seu nivel de estabilidade, esixen moita dedicación, moito inxenio para resolver as trabas de non ter “historia” e que confíen en tí. Todo iso influe á hora de estar contento no que fas e, sobre todo, sempre estar disposto a aprender contínuamente, pois é un terreo moitas veces ignoto que tes que descubrir :”Está o vello morrendo e está aprendendo” dí o refrán…

Ademais o mundo das autocaravanas está desenvolvéndose na actualidade, aínda que a pandemia, indubidablemente é un elemento modificador que afecta. Pero as crisis tamén son momentos de empuxe para as iniciativas se se dan as condicións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: El titular del sitio.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.