Guía de agasallos para o Nadal 2022

Se xa estás na procura do agasallo perfecto para este Nadal, en IGATA queremos axudarte. Deixámosche unha completísima guía con propostas gastronómicas, de moda e complementos, libros ou decoración 100% galegos. Podes mercalos tando na tenda física como online.

Moda e complementos

  • Peitana, tenda de roupa 100% artesanal e feita en Galicia.
  • Offconnection trátase dun proxecto creado pola búsqueda dunha moda máis coherente, que coide a nosa relación coa natureza.
  • Moksin é un proxecto familiar no corazón de Galicia con 3 tendas físicas de calzado e bolsos e con tenda online.
  • Chokolat é unha marca de roupa producida en Galicia, cun equipo detrás formado maioritariamente por mulleres e coa sostenibilidade como propósito.
  • SomosOcéano, moda atlántica galega, recomendámosche os seus calcetíns ou camisetas con mensaxe. Se os queres coñecer máis polo miúdo, deixámosche esta entrevista no noso blog.
  • Heimat, poderás mercar os capazos máis cools con cunchas procedentes do Grove.
  • Nevoira Brand, marca de moda urbana e realizada con tecidos sostibles. No noso blog tes máis info do seu proxecto.
  • Carrick, na súa web podes atopar as súas moi coñecidas pulseiras mariñeiras e tamén camisetas e suadoiros.
  • Mar Barral, unha artesá de pendentes e colares. Tamén podes apuntarte aos seus obradoiros.
  • Montse Betanzos, podes atopar complementos realizados con cunchas do Grove.
  • Ardentia, pertence a Artesanía de Galicia, e na súa web poderás atopar pendentes, colgantes, pulseiras…
  • Noroeste Obradoiro, outra alternativa para mercar xoiería de gran calidade.
  • Nikis Galicia, se buscas camisolas, suadoiros ou outros complementos orixinais, pasa por esta tenda.
  • ReiZentolo, o seu produto estrela son as camisetas con mensaxes divertidos, pero teñen de todo.
  • Elpulpo, a marca para lucir con orgullo un dos nosos produtos estrela, o polbo.
  • Galoha, se che encantan as camisas hawaianas, non podes perderte esta marca.
  • Melena de papel, nesta web poderás deseñar o teu bolso sostible ao teu antollo.
  • Latonta y Larubia, xoias con toques clásicos e modernos. Non deixan indiferente.
  • Contraform, complementos feitos á man dende Vigo.
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Cosmética e coidado persoal

  • Aromara, tenda onde poderás atopar todo tipo de xabóns, champús ou velas.
  • Muuhlloa, especialistas en cremas faciais e locións capilares. Podes atopar unha feita con grelo 🙂
  • Argaia, cosmética vegana e ecolóxica feita en Burela.
  • Kooch Green Cosmetics, veñen dende Tui e son especialistas en serums e bálsamos desmaquillantes veganos.
  • Naturavia, poderás mercar diferentes packs de cremas orientados a todo tipo de peles.
  • Farmacia Ciudad Vieja, Marta Mosquera rexenta esta farmacia na Coruña con produtos cosméticos baixo a súa propia marca. No noso blog entrevistámola, por se a queres coñecer máis polo miúdo.

Decoración e fogar

  • Laura Meis, tenda, casi un recuncho dixital, donde venden láminas decorativas e ilustracións personalizadas que retratan lugares e recordos especiais.
  • Taller de Amanda pon todo o seu coidado e dedicación para ofrecerche a mellor artesanía que perdure no tempo e sexa sinal de respecto pola natureza e consumo responsable.
  • Lorenzo Design, pezas únicas e atemporais para o teu fogar.
  • RanRan Studio, marca creada por Belén Senra onde o macramé é o absoluto protagonista. No blog contámosche máis.
  • Ilustracións Vaidhe, produtos con historia, artesanía, deseño e souvenirs diferentes.
  • Anaquiños de papel, creatividade e deseño en papel.
  • Arobe cerámica, obradoiro de cerámica con pezas feitas á man. Tamén podes aproveitar as súas clases.
  • Belategui Regueiro, pezas contemporáneas tecidas en teares.
  • Tecidos a man, mantas, coxíns e bufandas con fibras ecolóxicas.
  • Lago Monroy, lámpadas orixinais e para todos os gustos.
  • Oitenta, solucións de deseño, desenvolvemento e produción persoal como lámpadas, estantes…
  • Cerámica contemporánea Wichneeds con motivos mariñeiros e da terra.
  • Decoración Somos Enxebre, velas de soia feitas en Portonovo. Tamén venden roupa e posters moi orixinais.
  • Indigobygm, arte decorativa en flores. Tamén teñen á venda posters, velas e outros elementos decorativos.
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Dixitalización

  • Dinahosting. Por que non regalar unha web ou tenda online este Nadal? En dinahosting tes todo tipo de hostings e dominios para agasallar unha web.

Regalos personalizados

  • Somos Enxebre, é unha tenda na que poderás atopar regalos 100% personalizados feitos en Galicia e con temas e guiños locais.
  • Mrbroc, podes atopar todo tipo de agasallos como roupa, elementos para o fogar, xoguetes, etc para personalizar.
  • TAC, se buscas regalos para eventos ou outro tipo de celebracións personalizados, esta é a túa web.

Experiencias

agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Motor

  • Velca motor. Teñen motos eléctricas para todos os petos, polo que é un excelente regalo para este Nadal.

Gastronomía

  • Ego Galego, visita a selección de productos e descobre o que pode ofrecer a gastronomía da nosa terra.
  • Feitizos de sabor, tenda gourmet onde poderás atopar conservas do mar, doces, bebidas…
  • Vide vide! son unha tenda especializada en viños galegos no centro de Santiago de Compostela con vocación divulgadora da cultura do viño.
  • Frinsa Conservera é unha tenda donde atoparás parka de conservas e maridaxe.
  • El García, ultramarinos vintage no que atoparás dende cultura ata gastronomía.
  • Costiña é unha tenda de chocolates producidos en Galicia.
  • Abofe, tenda gourmet onde poderás atopar chocolates, licores, cestas de nadal…
  • En Kibusonline poderás atopar cestas de produtos de proximidade procedentes de mercados galegos. Hai unhas semanas entrevistamos ao seu fundador, por se queres descubrir máis deles.
  • Casa Grande de Xanceda, podes mercar produtos lácteos como iogures, queixos, xeados pero tamén outros produtos de proximidade.
  • Orballo, infusións e especias aromáticas.
  • Pazo de Vilane, son coñecidos polos seus ovos, pero na súa tenda online tamén podes atopar marmeladas e artesanía.
  • Maruxas, galletas de nata cun excelente packaging que non deixa a ninguén indiferente.
  • Root café, packs de café e infusións procedentes de todo o mundo vendidas dende Galicia.
  • Aceites Embruxo, aceites procedentes de oliveiras galegas.
  • Biscuits Galicia, galletas con todo o sabor de Galicia.
  • Conservas Frinsa, conservas e patés de mexillóns, atún, zamburiñas… Tamén podes elixir algún dos seus packs que conteñen viño, vermut e outros produtos.
  • Bodegas.bio, o marketplace onde atopar todo tipo de viños con selo bio.
  • Aceites Abril, aceites e vinagres feitos na casa.
  • Chocolate Essenzo. Marca de chocolate creada por Guillermo Villafanez, un dos 5 emprendedores participantes no noso Programa de Mentoring.
  • Mirabel do Rosal, na súa web podes atopar o produto típico do Rosal.
  • Galician Brew, cervexas artesás galegas.
  • Expomar Cedeira, venda de packs de marisco a toda a xeografía española.
  • Viños e destilados galegos Decantagalicia.
  • Degusta a mellor gastronomía galega no Fogar do Santiso. No noso blog tes unha entrevista a Brandán Gómez, o seu director de Marketing.
  • Na Fabulosa dende Padrón son especialistas en vermut, sangría e espumosos.
  • En Torre de Núñez son especialistas na venda de chacinaría e friames.
  • Dende a web de Cafés Candelas podes mercar todo tipo de cafés, infusións, chocolates ou galletas.
  • Gula Galega, onde a gastronomía galega é protagonista. Podes crear cestas e packs de regalo.
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Xoguetes e libros

  • A vagoneta educativa, todo tipo de xogos para adestrar a lóxica, idiomas, música ou matemáticas.
  • Cronopios, libraría con unha ampla colección de novelas e libros para todos os públicos.
  • Chafaris, xoguetes artesanais, quebracabezas, libros…
  • Artesanía Silvent especialistas en xoguetes de madeira
  • Bágoas Fóra, material educativo e pedagóxico, libros educativos e decoración infantil.

Miscelánea

  • Vaidhé, productos con historia, artesanía, diseño, souvenirs diferentes e papelería especial.
  • Grove Makers, grupo de artesáns, creadores e deseñadores do Grove.
  • Campo através: Floristería ubicada en Cambados, donde crean e deseñan ramos artesanais especialmente para cada persoa.
  • Salnés click, ecommerce do Salnés onde podes atopar dende experiencias gastronómicas ata alimentación ou complementos.
  • Nacho Porto é unha tenda de cerámica onde poderás atopar esculturas, vaixelas, reloxos…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: El titular del sitio.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.