O Nadal xa está aquí! Se estás a buscar o agasallo perfecto para estas festas e queres apostar por comercios locais, produtos da nosa terra ou opcións sostibles, en IGATA queremos axudarche.
Deixámosche unha guía completísima con propostas gastronómicas, de moda e complementos, decoración, experiencias, etc. Moitos destes establecementos contan tamén con tenda online, para que sexa aínda máis doado.
Moda e complementos
- Offconnection trátase dun proxecto creado pola búsqueda dunha moda máis coherente, que coide a nosa relación coa natureza.
- Moksin é un proxecto familiar no corazón de Galicia con 3 tendas físicas de calzado e bolsos e con tenda online.
- Chokolat é unha marca de roupa producida en Galicia, cun equipo detrás formado maioritariamente por mulleres e coa sostenibilidade como propósito.
- SomosOcéano, moda atlántica galega, recomendámosche os seus calcetíns ou camisetas con mensaxe. Se os queres coñecer máis polo miúdo, deixámosche esta entrevista no noso blog.
- Heimat, poderás mercar os capazos máis cools con cunchas procedentes do Grove.
- Mar Barral, unha artesá de pendentes e colares. Tamén podes apuntarte aos seus obradoiros.
- Montse Betanzos, podes atopar complementos realizados con cunchas do Grove.
- Ardentia, pertence a Artesanía de Galicia, e na súa web poderás atopar pendentes, colgantes, pulseiras…
- Noroeste Obradoiro, outra alternativa para mercar xoiería de gran calidade.
- Nikis Galicia, se buscas camisolas, suadoiros ou outros complementos orixinais, pasa por esta tenda.
- ReiZentolo, o seu produto estrela son as camisetas con mensaxes divertidos, pero teñen de todo.
- Melena de papel, nesta web poderás deseñar o teu bolso sostible ao teu antollo.
- Latonta y Larubia, xoias con toques clásicos e modernos. Non deixan indiferente.
- Jerolas, bolsos feitos á man.
- Redeiras Artesás, prendas que dan unha segunda vida aos materiais do mar.
- La Palmirita, deseños creados con moito esmero para sacar a mellor versión dun accesorio común.
- Haciendo el galgo, accesorios feitos a man para cans e persoas.
- María Viqueira Feito a man, tenda de roupa inspirada en Galicia e feita a man en Galicia.




Cosmética e coidado persoal
- Muuhlloa, especialistas en cremas faciais e locións capilares. Podes atopar unha feita con grelo 🙂
- Kooch Green Cosmetics, veñen dende Tui e son especialistas en serums e bálsamos desmaquillantes veganos.
- Naturavia, poderás mercar diferentes packs de cremas orientados a todo tipo de peles.
- LP10, somos a empresa pioneira en Galicia no desenvolvmento de produtos dermoestéticos personalizados e tratar así cada pel como se merece.
- Farmacia Ciudad Vieja, Marta Mosquera rexenta esta farmacia na Coruña con produtos cosméticos baixo a súa propia marca. No noso blog entrevistámola, por se a queres coñecer máis polo miúdo.
Decoración e fogar
- rocigarcia: cerería artesanal con velas orixinais e personalizadas producidas en Betanzos.
- RanRan Studio, marca na que o macramé é o absoluto protagonista.
- Ilustracións Vaidhe, produtos con historia, artesanía, deseño e souvenirs diferentes.
- Anaquiños de papel, creatividade e deseño en papel.
- Arobe cerámica, obradoiro de cerámica con pezas feitas á man. Tamén podes aproveitar as súas clases.
- Belategui Regueiro, pezas contemporáneas tecidas en teares.
- Tecidos a man, mantas, coxíns e bufandas con fibras ecolóxicas.
- Lago Monroy, lámpadas orixinais e para todos os gustos.
- Cerámica contemporánea Wichneeds con motivos mariñeiros e da terra.
- Madriguera Workshop: un espazo onde encontrar creacións de cerámica e obxectos doutros creadores, ademais de poder desfrutar da experiencia de aprender a crear as túas propias pezas de cerámica.
- DeGerónimo: unha marca de bolsos e pezas de decoración creadas a partir dun material común, a corda de algodón.
- Indigobygm, arte decorativa en flores. Tamén teñen á venda posters, velas e outros elementos decorativos.
- Nacho Porto é unha tenda de cerámica onde poderás atopar esculturas, vaixelas, reloxos…
- Acento Galego: Estudio ubicado en Cedeira con coxíns e outros accesorios producidos de forma sostible.


Experiencias
- Moradas no Ulla, cabanas con deseño moderno en plena conexión coa natureza.
- Cabañitas del bosque, cabanas con espectaculares vistas. O agasallo perfecto.
- Hotel Burbulla Albarari, hotel burbulla na Coruña e en Sanxenxo.
- Cabaña de Xaras, espazo único e coidadosamente deseñado para integrarse na contorna da natureza.
- Casa Prior, un lugar para encontrar a calma ubicado en Ferrol.
- Salnés click, ecommerce do Salnés onde podes atopar dende experiencias gastronómicas ata alimentación ou complementos.
- Amoroteu, talleres de estampaxe artesanal e outros productos feitos en Galicia.



Gastronomía
- Ego Galego, visita a selección de productos e descobre o que pode ofrecer a gastronomía da nosa terra.
- Feitizos de sabor, tenda gourmet onde poderás atopar conservas do mar, doces, bebidas…
- Vide vide! son unha tenda especializada en viños galegos no centro de Santiago de Compostela con vocación divulgadora da cultura do viño.
- El García, ultramarinos vintage no que atoparás dende cultura ata gastronomía.
- Costiña é unha tenda de chocolates producidos en Galicia.
- En Kibusonline poderás atopar cestas de produtos de proximidade procedentes de mercados galegos.
- Orballo, infusións e especias aromáticas.
- Pazo de Vilane, son coñecidos polos seus ovos, pero na súa tenda online tamén podes atopar marmeladas e artesanía.
- Maruxas, galletas de nata cun excelente packaging que non deixa a ninguén indiferente.
- Root café, packs de café e infusións procedentes de todo o mundo vendidas dende Galicia.
- Aceites Embruxo, aceites procedentes de oliveiras galegas.
- Conservas Frinsa, conservas e patés de mexillóns, atún, zamburiñas… Tamén podes elixir algún dos seus packs que conteñen viño, vermut e outros produtos.
- Bodegas.bio, o marketplace onde atopar todo tipo de viños con selo bio.
- Mirabel do Rosal, na súa web podes atopar o produto típico do Rosal.
- Galician Brew, cervexas artesás galegas.
- Viños e destilados galegos de Decantagalicia.
- Na Fabulosa dende Padrón son especialistas en vermut, sangría e espumosos.
- Gula Galega, onde a gastronomía galega é protagonista. Podes crear cestas e packs de regalo.


Xoguetes e libros
- A vagoneta educativa, todo tipo de xogos para adestrar a lóxica, idiomas, música ou matemáticas.
- Cronopios, libraría con unha ampla colección de novelas e libros para todos os públicos.
- Chafaris, xoguetes artesanais, quebracabezas, libros…
- Artesanía Silvent especialistas en xoguetes de madeira
- Bágoas Fóra, material educativo e pedagóxico, libros educativos e decoración infantil.