O noso equipo non para de medrar, e é algo que a verdade nos fai moitísima ilusión. O Instituto Galego do Talento é unha entidade sen ánimo de lucro, onde todos os que formamos parte del colaboramos de forma altruísta para conseguir estes tres obxectivos:
- Conectar a todas as persoas amantes de Galicia. Ben por nacer en Galicia ou por ter unha vinculación estreita con ela.
- Activar a comunidade e xerar sinerxias. Xuntos podemos chegar máis lonxe.
- Xerar valor. Aportar e xerar valor a toda a comunidade.
Tal e como fixemos hai uns meses, iremos presentando as novas incorporacións do equipo IGATA dunha forma máis cercana, con información que non encontrarás no seu perfil de LinkedIn. Empezamos!
Silvia Lado – Proxecto FOGATA
En IGATA dedícome a…
Colaborar no proxecto FOGATA, potenciando o talento e o tecido empresarial galego.
Eu en menos de 280 caracteres…
Apaixonada das persoas e cunha traxectoria formativa en Recursos Humanos, gozo do meu tempo libre na miña fermosa terra natal, Carnota. Aposto polo talento galego e o seu gran potencial. Por que? Porque somos riquiños. E, quen me coñece ben, defíneme como unha amante do chocolate e das crepes e gofres (por suposto, con nutella).
Un lugar en Galicia…
Hoxe, mañá e sempre… Praia de Carnota
Encontras talento en…
Naquelas persoas que posúen coñecementos, habilidades e actitudes… e que aportan un valor diferencial. E en moitas ocasións, en quen menos o esperas!
Licor café ou crema de orujo?
Crema de orujo