Nunha das moitas reunións online que tivemos o equipo de Comunicación e Marketing de IGATA durante este verán, pensamos no guai que sería que os nosos lectores e seguidores coñecesen a nosa faceta máis persoal. En LinkedIn xa sabemos que nos tedes fichados 😉
Semana a semana poderás coñecernos en nada máis e nada menos que 280 caracteres. Iremos compartindo as entrevistas a través deste blog e en redes sociais para que non te perdas nada.
Tras a presentación de Ángel, Emilio e Leticia, coñecemos a Lucía González Directora de Marketing en IGATA.
Lucía González, Directora de Marketing
En IGATA dedícome a…
Empecei organizando os eventos en Galicia. Agora teño un reto, impulsar á área de marketing.
Eu en menos de 280 caracteres..
Comunico dende que teño uso de razón! Estudei xornalismo e especialiceime en comunicación política, marketing dixital, protocolo e xestión de proxectos. A parte de IGATA, formo parte de diferentes asociacións como Markea e colaboro nun festi de cine. Xa sabedes, a cabeza non para 🙂
Un lugar de Galicia…
Galicia é marabillosa, pero vou tirar para a casiña, un solpor dende as Torres de Oeste, en Catoira.
Encontras talento en..
En Galicia somos terra de talentosos e en IGATA imos porlles cara.
Licor café ou crema de orujo?
Licor café xeado na Casa das Crechas. Fetén.
Esperamos che gustara. Se hai algunha pregunta que nos quedou no tintero, escríbenos nos comentarios. Será xenial escoitarte 🙂