repaso equipo IGATA

Queremos iniciar este 2021 tal e como pechamos o 2020 durante o evento “Se puede sacar algo positivo del 2020. Cuatro ejemplos que demuestran que sí”, cun sorriso e unha nota positiva. 

Non vou negar que o 2020 foi un ano malo, o peor en décadas para moitos, pero tamén é posible ser optimista. No Instituto Galego do Talento queremos repasar contigo todo o que fixemos durante o pasado ano: webinars, cambio da imaxe corporativa, colaboracións con institucións e un longo etcétera. Acompáñanos durante este repaso 🙂 

Webinars

Durante o mes de abril celebramos diferentes webinars co obxectivo de seguir formándonos e non perder o contacto coa nosa comunidade e colaboradores. Todos eles trataron sobre temas de actualidade como:

  • Claves sobre ciberseguridade en tempos de coronavirus. Antonio Fernandes, CISO dunha gran industria no noroeste de España e Pilar Vila, CEO e cofundadora de Forensic & Security e Developers Forensics Tools, ofrecéronnos recomendacións e a súa visión en materia de Ciberseguridade, webinar moi útil se teletraballas e tamén no teu día a día como usuario.
  • Dereitos laborais de traballadores e empresas en tempos de coronavirus. O día 5 de abril, Eduardo Armas González, Letrado da Tesourería Xeral da Seguridade Social e Profesor universitario de dereito laboral na Universidade CEU Abat Oliba resolveu todas as nosas dúbidas en materia laboral.
  • Tips de comunicación para chegar ao Día +1. O día 9 de abril preparamos un webinar con Luisa Rodríguez, Directora Rexional en Atrevia, onde repasamos as principais tendencias no ámbito da comunicación e o marketing para ver como podemos aplicalas nos nosos negocios.
  • O teletraballo a debate. Conversamos de recursos humanos, de conciliación, xestión de equipos e teletraballo con Cristina Parrado, Lucía Solla e Antía Blanco.
  • Xestión de equipos en remoto. O último dos webinars que celebramos foi sobre xestión de equipos con responsables de diferentes empresas, Pablo González dende Hack a Boss, Lucía González de dinahosting e Adrián Fernández de Mondelez. 

Queres recibir as nosas publicacións?

Renovación da imaxe corporativa

En setembro renovamos a nosa imaxe corporativa por un logotipo máis fresco, chamativo e en diálogo cos novos tempos. Nesta postaxe contabámosche todo o proceso e historia de IGATA (que nos facedes moitas preguntas). Tamén renovamos a nosa web, un espazo de diálogo e conversa cos nosos lectores e membros da comunidade. 

Tamén en diferentes entradas puideches ir coñecendo a cada un dos membros do Instituto Galego do Talento en pouquiñas palabras e nunha entrevista máis informal. En poucas semanas terás máis presentacións de novo. 

Estamos en continuo proceso de mellora, así que encantados de que nos poidas dar o teu feedback e valoración 🙂

Colaboracións

Desde hai pouco máis dun mes dende IGATA comezamos a colaborar con Quincemil, onde temos unha sección sobre talento, O noso obxectivo está claro, visibilizar e poñer en valor todo o bo que acontece na terra. Así que te esperamos cos brazos abertos e se coñeces historias que merecen ser visibilizadas, podes escribirnos nos comentarios. 

Establecemos unha colaboración con Talento para el Futuro, unha plataforma que pretende impulsar a voz novos mediante a construción de pontes de diálogo con líderes e institucións, fomentando a súa participación nos asuntos públicos. Conta co apoio de máis de 15 organizacións, e xa se uniron máis de 1000 mozos. Aquí podes ler a entrevista que lle fixemos a Fernando Carruesco, o seu presidente. 

Tamén colaboramos con Cruz Roja no Reto Social Empresarial, un programa que entende o emprego como un reto pero tamén como a mellor oportunidade que teñen miles de persoas en dificultade para integrarse plenamente na sociedade. Para axudar a lograr este reto, participamos nunhas sesións orientativas con Antía Blanco e Adrián Fernández, especialistas en RRHH e Leticía Río, profesional do mundo da comunicación. Deixámosche este post con máis detalles da colaboración con Cruz Roja.  

Meses despois voltamos colaborar con Cruz Roja no proxecto Talento Interxeracional. O obxectivo é poñer en valor a diversidade como oportunidade para aproveitar o talento profesional. Todas as persoas teñen grandes capacidades e habilidades que poden enriquecer calquera actividade, independentemente da súa idade. Adiante post da colaboración

Visibilización do talento galego

Tamén durante estes meses quixemos visibilizar o talento galego a través de entrevistas cos seus protagonistas. Estas só son unha pequena escolma, no noso blog podes ver moitas máis:

Entrevista a Putamen, Tamara Pazos
Sara Fernández, Nortecreando

Redes sociais

Durante os últimos meses do ano intensificamos a nosa comunicación a través das nosas canles sociais, e graciñas ao voso apoio, logramos varios fitos que nos fan moita ilusión. 

Multiplicamos por tres o número dos nosos seguidores en Instagram e alcanzamos máis de 4600 seguidores en LinkedIn. Que ilusión nos fai escribirvos e saber que estades aí día tras día. Se non nos sigues esperámoste nas redes 🙂

Solidaridade e impulso do comercio local

Tamén fixemos sendas publicacións en decembro. Co gallo do Día Internacional do Voluntariado recollemos experiencias dos membros de IGATA como voluntarios ao longo dos últimos anos. O obxectivo non é outro que aportar valor a Galicia. 

E nestas datas máis que nunca queremos apoiar ao comercio local e que todos fagamos compras nesas tendas de barrio ou pequenos comercios online. No post tes 50 ideas de agasallos, que aínda quedan os Reis 🙂

mercar ou tegalar Nadal

Só vos desexamos moitos éxitos e talento para este 2021. No Instituto Galego do Talento avecíñanse moitas colaboracións, novos programas, eventos, entrevistas e formatos en redes sociais. Graciñas por estar aí. Unha aperta dende todo o equipo IGATA. 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si haces en ACEPTAR, consideramos que permites su uso. En la página Política de cookies te ofrecemos información de como desactivar las cookies de tu navegador.    Ver Política de cookies
Privacidad