Detrás de Redeiras Artesás, unha asociación sen ánimo de lucro, atópanse 17 socias de procedencia familiar do mar que promoven a sostibilidade dándolle unha segunda vida aos materiais de pesca que xa non serven para faenar.
Coñecemos máis deste proxecto coa nosa compañeira Leticia Río, quen fala cunha das integrantes do equipo, Rosa Rodríguez.
Leticia Río: Que é Redeiras Artesás e quen está detrás desta iniciativa?
Rosa Rodríguez: A iniciativa nace a partir dun proxecto que fixemos mediante a Xunta de Galicia, onde diversificamos o noso traballo artesán dándolle unha segunda oportunidade a eses materiales que antes tirabamos. Redeiras Artesas é o nome que lle demos a marca de Artesanía de Galicia para a venta dos nosos produtos.
L.R: Galicia conta con case 1500 km de Costa. Temos conciencia sobre o cuidado do noso mar e das especies que habitan nel?
R.R: Por desgracia ainda non estamos concienciados con esta causa tan grave como é a contaminación dos mares e a perda de toda a biosfera que os compón.
L.R: Xuntades o mar coa moda, dous ámbitos que poñen a Galicia no mapa mundial, e promovedes a sostibilidade. Cal é o voso impacto?
R.R: O impacto social, a verdade é que é algo que chama moito a atención, as prendas con rede son vistosas e gustan bastante. Ca rede a verdade é que se poden facer moitísimas cousas, ademais da moda, como porterías, canastas de baloncesto ou mobles.
L.R: Marcas como Zara ou Loewe fixáronse na vosa iniciativa para as súas campañas. Que supón?
R.R: A verdade é que nos supuxo un gran orgullo que se acercaran a nós, a unha empresa pequeniña, axudándonos a darnos visibilidade tanto ao noso traballo de montaxe de redes como a parte da moda.
L.R: Facendo honor ao voso nome, cal considerades que é o recorrido das Redeiras nas próximas xeracións de Talento en Galicia?
R.R: En verdade, o noso traballo non ten moito relevo xeracional, porque é un traballo duro, cunhas condicións duras, non hai salario mínimo. Esperamos que agora que estamos pelexando para unha regulación educativa, a xente nova se anime a continuar co noso traballo, que é moi bonito.