O Nadal xa está aquí. Se estás na procura do agasallo perfecto para este Nadal con selo Galicia, en IGATA queremos axudarche. Deixámosche unha completísima guía con propostas gastronómicas, de moda e complementos, libros ou decoración 100% galegos. Podes mercalos tando na tenda física como online.
Moda e complementos
- Offconnection trátase dun proxecto creado pola búsqueda dunha moda máis coherente, que coide a nosa relación coa natureza.
- Moksin é un proxecto familiar no corazón de Galicia con 3 tendas físicas de calzado e bolsos e con tenda online.
- Chokolat é unha marca de roupa producida en Galicia, cun equipo detrás formado maioritariamente por mulleres e coa sostenibilidade como propósito.
- SomosOcéano, moda atlántica galega, recomendámosche os seus calcetíns ou camisetas con mensaxe. Se os queres coñecer máis polo miúdo, deixámosche esta entrevista no noso blog.
- Heimat, poderás mercar os capazos máis cools con cunchas procedentes do Grove.
- Nevoira Brand, marca de moda urbana e realizada con tecidos sostibles. No noso blog tes máis info do seu proxecto.
- Carrick, na súa web podes atopar as súas moi coñecidas pulseiras mariñeiras e tamén camisetas e suadoiros.
- Mar Barral, unha artesá de pendentes e colares. Tamén podes apuntarte aos seus obradoiros.
- Montse Betanzos, podes atopar complementos realizados con cunchas do Grove.
- Ardentia, pertence a Artesanía de Galicia, e na súa web poderás atopar pendentes, colgantes, pulseiras…
- Noroeste Obradoiro, outra alternativa para mercar xoiería de gran calidade.
- Nikis Galicia, se buscas camisolas, suadoiros ou outros complementos orixinais, pasa por esta tenda.
- ReiZentolo, o seu produto estrela son as camisetas con mensaxes divertidos, pero teñen de todo.
- Elpulpo, a marca para lucir con orgullo un dos nosos produtos estrela, o polbo.
- Galoha, se che encantan as camisas hawaianas, non podes perderte esta marca.
- Melena de papel, nesta web poderás deseñar o teu bolso sostible ao teu antollo.
- Latonta y Larubia, xoias con toques clásicos e modernos. Non deixan indiferente.
- Jerolas, bolsos feitos á man.
- Contraform, complementos feitos á man dende Vigo.
- Figbees: bolsos e tintes naturais e solidarios.
- Redeiras Artesás, prendas que dan unha segunda vida aos materiais do mar.
- La Palmirita, deseños creados con moito esmero para sacar a mellor versión dun accesorio común.
- Grovemakers, grupo de artesáns, deseñadores e creadores naturais do Grove que aposta por unha economía circular, sostible, social e máis xusta.
Cosmética e coidado persoal
- Aromara, tenda onde poderás atopar todo tipo de xabóns, champús ou velas.
- Muuhlloa, especialistas en cremas faciais e locións capilares. Podes atopar unha feita con grelo 🙂
- Argaia, cosmética vegana e ecolóxica feita en Burela.
- Kooch Green Cosmetics, veñen dende Tui e son especialistas en serums e bálsamos desmaquillantes veganos.
- Naturavia, poderás mercar diferentes packs de cremas orientados a todo tipo de peles.
- LP10, somos a empresa pioneira en Galicia no desenvolvmento de produtos dermoestéticos personalizados e tratar así cada pel como se merece.
- Farmacia Ciudad Vieja, Marta Mosquera rexenta esta farmacia na Coruña con produtos cosméticos baixo a súa propia marca. No noso blog entrevistámola, por se a queres coñecer máis polo miúdo.
Decoración e fogar
- Laura Meis, tenda, casi un recuncho dixital, donde venden láminas decorativas e ilustracións personalizadas que retratan lugares e recordos especiais.
- Taller de Amanda pon todo o seu coidado e dedicación para ofrecerche a mellor artesanía que perdure no tempo e sexa sinal de respecto pola natureza e consumo responsable.
- Lorenzo Design, pezas únicas e atemporais para o teu fogar.
- RanRan Studio, marca creada por Belén Senra onde o macramé é o absoluto protagonista. No blog contámosche máis.
- Ilustracións Vaidhe, produtos con historia, artesanía, deseño e souvenirs diferentes.
- Anaquiños de papel, creatividade e deseño en papel.
- Arobe cerámica, obradoiro de cerámica con pezas feitas á man. Tamén podes aproveitar as súas clases.
- Belategui Regueiro, pezas contemporáneas tecidas en teares.
- Tecidos a man, mantas, coxíns e bufandas con fibras ecolóxicas.
- Lago Monroy, lámpadas orixinais e para todos os gustos.
- Cerámica contemporánea Wichneeds con motivos mariñeiros e da terra.
- Decoración Somos Enxebre, velas de soia feitas en Portonovo. Tamén venden roupa e posters moi orixinais.
- Madriguera Workshop: un espazo onde encontrar creacións de cerámica e obxectos doutros creadores, ademais de poder desfrutar da experiencia de aprender a crear as túas propias pezas de cerámica.
- DeGerónimo: unha marca de bolsos e pezas de decoración creadas a partir dun material común, a corda de algodón.
- Indigobygm, arte decorativa en flores. Tamén teñen á venda posters, velas e outros elementos decorativos.
- La vaiche boa, ilustracións dixitais personalizadas.
- Bohomo Studio, creatividade personalizada.
- Gago__mm: arquitecta ilustradora de rincóns de A Coruña.
Dixitalización
- Dinahosting. Por que non regalar unha web ou tenda online este Nadal? En dinahosting tes todo tipo de hostings e dominios para agasallar unha web.
Regalos personalizados
- Mrbroc, podes atopar todo tipo de agasallos como roupa, elementos para o fogar, xoguetes, etc para personalizar.
- TAC, se buscas regalos para eventos ou outro tipo de celebracións personalizados, esta é a túa web.
Experiencias
- Blog Sagrado, acompañamento astrolóxico, cursos e experiencias para atoparse a un mesmo.
- Taller de acuarela, taller de acuarela para regalar tempo e desconexión.
- RRSalud-Entrenamientos, centro de adestramento no que poderás atopar adestramentos persoiais ou en grupos.
- Moradas no Ulla, cabanas con deseño moderno en plena conexión coa natureza.
- Cabañitas del bosque, cabanas con espectaculares vistas. O agasallo perfecto.
- Hotel Burbulla Albarari, hotel burbulla na Coruña e en Sanxenxo.
- Cabaña de Xaras, espazo único e coidadosamente deseñado para integrarse na contorna da natureza.
- Casa Prior, un lugar para encontrar a calma ubicado en Ferrol.
- Wild musa, taller de acuarela.
Motor
- Velca motor. Teñen motos eléctricas para todos os petos, polo que é un excelente regalo para este Nadal.
Gastronomía
- Ego Galego, visita a selección de productos e descobre o que pode ofrecer a gastronomía da nosa terra.
- Feitizos de sabor, tenda gourmet onde poderás atopar conservas do mar, doces, bebidas…
- Vide vide! son unha tenda especializada en viños galegos no centro de Santiago de Compostela con vocación divulgadora da cultura do viño.
- El García, ultramarinos vintage no que atoparás dende cultura ata gastronomía.
- Costiña é unha tenda de chocolates producidos en Galicia.
- En Kibusonline poderás atopar cestas de produtos de proximidade procedentes de mercados galegos. Hai unhas semanas entrevistamos ao seu fundador, por se queres descubrir máis deles.
- Casa Grande de Xanceda, podes mercar produtos lácteos como iogures, queixos, xeados pero tamén outros produtos de proximidade.
- Orballo, infusións e especias aromáticas.
- Pazo de Vilane, son coñecidos polos seus ovos, pero na súa tenda online tamén podes atopar marmeladas e artesanía.
- Maruxas, galletas de nata cun excelente packaging que non deixa a ninguén indiferente.
- Root café, packs de café e infusións procedentes de todo o mundo vendidas dende Galicia.
- Aceites Embruxo, aceites procedentes de oliveiras galegas.
- Biscuits Galicia, galletas con todo o sabor de Galicia.
- Conservas Frinsa, conservas e patés de mexillóns, atún, zamburiñas… Tamén podes elixir algún dos seus packs que conteñen viño, vermut e outros produtos.
- Bodegas.bio, o marketplace onde atopar todo tipo de viños con selo bio.
- Aceites Abril, aceites e vinagres feitos na casa.
- Chocolate Essenzo. Marca de chocolate creada por Guillermo Villafanez, un dos 5 emprendedores participantes no noso Programa de Mentoring.
- Mirabel do Rosal, na súa web podes atopar o produto típico do Rosal.
- Galician Brew, cervexas artesás galegas.
- Expomar Cedeira, venda de packs de marisco a toda a xeografía española.
- Viños e destilados galegos Decantagalicia.
- Degusta a mellor gastronomía galega no Fogar do Santiso. No noso blog tes unha entrevista a Brandán Gómez, o seu director de Marketing.
- Na Fabulosa dende Padrón son especialistas en vermut, sangría e espumosos.
- En Torre de Núñez son especialistas na venda de chacinaría e friames.
- Dende a web de Cafés Candelas podes mercar todo tipo de cafés, infusións, chocolates ou galletas.
- Gula Galega, onde a gastronomía galega é protagonista. Podes crear cestas e packs de regalo.
- Álvarez Delicatessen, tenda Gourmet cos produtos máis selectos.
- La Tienda de Lino: tenda Gourmet para todos os gustos.
Xoguetes e libros
- A vagoneta educativa, todo tipo de xogos para adestrar a lóxica, idiomas, música ou matemáticas.
- Cronopios, libraría con unha ampla colección de novelas e libros para todos os públicos.
- Chafaris, xoguetes artesanais, quebracabezas, libros…
- Artesanía Silvent especialistas en xoguetes de madeira
- Bágoas Fóra, material educativo e pedagóxico, libros educativos e decoración infantil.
Miscelánea
- Vaidhé, productos con historia, artesanía, diseño, souvenirs diferentes e papelería especial.
- Campo através: floristaría ubicada en Cambados, donde crean e deseñan ramos artesanais especialmente para cada persoa.
- Salnés click, ecommerce do Salnés onde podes atopar dende experiencias gastronómicas ata alimentación ou complementos.
- Nacho Porto é unha tenda de cerámica onde poderás atopar esculturas, vaixelas, reloxos…
- Médula: flores e taller de floristaría
- La Bendita Flor: flores e taller de floristaría