Guía de agasallos para o Nadal 2021

Se estás buscando aínda o agasallo perfecto para este Nadal, en IGATA queremos axudarte. Deixámosche unha completísima guía con propostas gastronómicas, de moda e complementos, libros ou decoración 100% galegos, e que podes mercar en tenda ou online. Agardamos que a desfrutes.

Se queres visitar a guía do ano pasado, aquí cha deixamos.

Moda e complementos

  • SomosOcéano, moda atlántica galega, recomendámosche os seus calcetíns ou camisetas con mensaxe. Se os queres coñecer máis polo miúdo, deixámosche esta entrevista no noso blog.
  • Heimat, poderás mercar os capazos máis cools con cunchas procedentes do Grove.
  • Nevoira Brand, marca de moda urbana e realizada con tecidos sostibles. No noso blog tes máis info do seu proxecto.
  • Carrick, na súa web podes atopar as súas moi coñecidas pulseiras mariñeiras e tamén camisetas e suadoiros.
  • Mar Barral, unha artesá de pendentes e colares. Tamén podes apuntarte aos seus obradoiros.
  • Montse Betanzos, podes atopar complementos realizados con cunchas do Grove.
  • Ardentia, pertence a Artesanía de Galicia, e na súa web poderás atopar pendentes, colgantes, pulseiras…
  • Noroeste Obradoiro, outra alternativa para mercar xoiería de gran calidade.
  • Nikis Galicia, se buscas camisolas, suadoiros ou outros complementos orixinais, pasa por esta tenda.
  • ReiZentolo, o seu produto estrela son as camisetas con mensaxes divertidos, pero teñen de todo.
  • Elpulpo, a marca para lucir con orgullo un dos nosos produtos estrela, o polbo.
  • Galoha, se che encantan as camisas hawaianas, non podes perderte esta marca.
  • Melena de papel, nesta web poderás deseñar o teu bolso ao teu antollo.
  • Latonta y Larubia, xoias con toques clásicos e modernos. Non deixan indiferente.
  • Contraform, complementos feitos á man dende Vigo.
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Cosmética e coidado persoal

  • Aromara, tenda onde poderás atopar todo tipo de xabóns, champús ou velas.
  • Muuhlloa, especialistas en cremas faciais e locións capilares. Podes atopar unha feita con grelo 🙂
  • Argaia, cosmética vegana e ecolóxica feita en Burela.
  • Kooch Green Cosmetics, veñen dende Tui e son especialistas en serums e bálsamos desmaquillantes veganos.
  • Naturavia, poderás mercar diferentes packs de cremas orientados a todo tipo de peles.
  • Farmacia Ciudad Vieja, Marta Mosquera rexenta esta farmacia na Coruña con produtos cosméticos baixo a súa propia marca. No noso blog entrevistámola, por se a queres coñecer máis polo miúdo.

Decoración e fogar

agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Dixitalización

  • Dinahosting. Por que non regalar unha web ou tenda online este Nadal? En dinahosting tes todo tipo de hostings e dominios para agasallar unha web.

Regalos personalizados

  • Mrbroc, podes atopar todo tipo de agasallos como roupa, elementos para o fogar, xoguetes, etc para personalizar.
  • TAC, se buscas regalos para eventos ou outro tipo de celebracións personalizados, esta é a túa web.

Experiencias

agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Motor

  • Velca motor. Teñen motos eléctricas para todos os petos, polo que é un excelente regalo para este Nadal.

Gastronomía

  • En Kibusonline poderás atopar cestas de produtos de proximidade procedentes de mercados galegos. Hai unhas semanas entrevistamos ao seu fundador, por se queres descubrir máis deles.
  • Casa Grande de Xanceda, podes mercar produtos lácteos como iogures, queixos, xeados pero tamén outros produtos de proximidade.
  • Orballo, infusións e especias aromáticas.
  • Pazo de Vilane, son coñecidos polos seus ovos, pero na súa tenda online tamén podes atopar marmeladas e artesanía.
  • Maruxas, galletas de nata cun excelente packaging que non deixa a ninguén indiferente.
  • Root café, packs de café e infusións procedentes de todo o mundo vendidas dende Galicia.
  • Aceites Embruxo, aceites procedentes de oliveiras galegas.
  • Biscuits Galicia, galletas con todo o sabor de Galicia.
  • Conservas Frinsa, conservas e patés de mexillóns, atún, zamburiñas… Tamén podes elixir algún dos seus packs que conteñen viño, vermut e outros produtos.
  • Bodegas.bio, o marketplace onde atopar todo tipo de viños con selo bio.
  • Aceites Abril, aceites e vinagres feitos na casa.
  • Chocolate Essenzo. Marca de chocolate creada por Guillermo Villafanez, un dos 5 emprendedores participantes no noso Programa de Mentoring.
  • Mirabel do Rosal, na súa web podes atopar o produto típico do Rosal.
  • Galician Brew, cervexas artesás galegas.
  • Expomar Cedeira, venda de packs de marisco a toda a xeografía española.
  • Viños e destilados galegos Decantagalicia.
  • Degusta a mellor gastronomía galega no Fogar do Santiso. No noso blog tes unha entrevista a Brandán Gómez, o seu director de Marketing.
  • Na Fabulosa dende Padrón son especialistas en vermut, sangría e espumosos.
  • En Torre de Núñez son especialistas na venda de chacinaría e friames.
  • Dende a web de Cafés Candelas podes mercar todo tipo de cafés, infusións, chocolates ou galletas.
  • Gula Galega, onde a gastronomía galega é protagonista. Podes crear cestas e packs de regalo.
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021
agasallos igata 2021

Xoguetes e libros

  • A vagoneta educativa, todo tipo de xogos para adestrar a lóxica, idiomas, música ou matemáticas.
  • Cronopios, libraría con unha ampla colección de novelas e libros para todos os públicos.
  • Troquel Games, xogos de mesa personalizados.
  • Chafaris, xoguetes artesanais, quebracabezas, libros…
  • Artesanía Silvent especialistas en xoguetes de madeira
  • Bágoas Fóra, material educativo e pedagóxico, libros educativos e decoración infantil.

Miscelánea

Grove Makers, grupo de artesáns, creadores e deseñadores do Grove.
Salnés click, ecommerce do Salnés onde podes atopar dende experiencias gastronómicas ata alimentación ou complementos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable: El titular del sitio.
  • Finalidad:  Moderar los comentarios.
  • Legitimación:  Por consentimiento del interesado.
  • Destinatarios y encargados de tratamiento:  No se ceden o comunican datos a terceros para prestar este servicio.
  • Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos.